Actividades extraescolares mes de xuño.

Actividades extraescolares mes de xuño.

Prezadas familias:

Poñemos no voso coñecemento que as actividades extraescolares impartidas no centro finalizarán o vindeiro 14 de xuño (inclusive). Polo tanto, no recibo mensual do mes de xuño cobrarase a parte proporcional dos días nos que a actividade se desenvolve.

No referente a extraescolar de técnicas de estudo (16:30 – 18:10), manterase en funcionamento ata o día 21 de xuño (coa excepcionalidade do día 15 pola celebración da festividade de fin de curso). Esta semana extra cobrarase como días soltos.

Un cordial saúdo.

 

Secretaría.