Avaliación final dos alumnos de 4º de ESO

Avaliación final dos alumnos de 4º de ESO

Prezadas familias de 4º de ESO:

En cumprimento da Orde DOG do 26 de abril de 2018, na que se publica a Resolución do 12 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, informámosvos de que os vindeiros 29 e 30 de maio terá lugar a avaliación final de Educación Secundaria Obrigatoria para 4º de ESO.

Esta avaliación individualizada ten carácter mostral e será aplicada a todo o alumnado que, no curso 2017-2018, estea en 4º de ESO nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia seleccionados, como ten sido no noso caso.

Sen máis, recibide un cordial saúdo.

O Centro.