Avaliación individualizada dos alumnos de 3º Primaria

Avaliación individualizada dos alumnos de 3º Primaria

Prezadas familias de 3º de Primaria:

En cumprimento da Orde DOG do 26 de abril de 2018, na que se publica a Resolución do 10 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, informámosvos de que os vindeiros 23 e 24 de maio terá lugar a avaliación individualizada.

Esta avaliación individualizada ten carácter censal e será aplicada a todo o alumnado que, no curso 2017-2018, estea en 3º curso de Educación Primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Avaliaranse as competencias lingüística e matemática.

Sen máis, recibide un cordial saúdo.

O Centro.