A quen non lle gusta o chocolate?

A quen non lle gusta o chocolate?

A quen non lle gusta o chocolate


Durante o segundo trimestre deste curso os nenos de 4º de Infantil do Colexio Vista Alegre traballaron no proxecto "Chocolate". A quen non lle gusta o chocolate?

Escollemos esta temática atractiva e motivadora porque nos transporta a terras afastadas cheas de curiosidades e misterios; achéganos ao noso pasado aventureiro. Axúdanos a coñecer o proceso de elaboración do chocolate e a deleitarnos coa súa excelencia... e permítenos descubrir e desenvolver sensacións a través dos nosos sentidos (tacto, gusto, olfacto, oído e vista) mediante a exploración e a experimentación.

Para comezar, informouse ás familias do proxecto en cuestión e unha das primeiras actividades foi elaborar unha rutina de reflexión sobre o que sabemos sobre o cacao e o que nos gustaría saber. Partindo dos intereses do alumnado e apoiándonos no que nos ofrecen as novas tecnoloxías, vimos vídeos sobre a orixe do cacao, o proceso de elaboración do chocolate, etc. Así mesmo, grazas a Google Earth, puidemos viaxar aos países onde se produce cacao.

Tamén descubrimos as diferentes formas nas que se pode presentar o cacao. Deste xeito, tivemos a sorte de probalos e desenvolver o sentido do gusto, onde o chocolate con leite foi o que máis triunfa. Sen dúbida, a experimentación é clave neste proxecto.
Unha das actividades que máis lles gustou ao alumnado foi a de facerse cociñeiros/as unha vez á semana. Durante as catro semanas que levamos, programáronse diferentes receitas, onde o chocolate foi o gran protagonista en todas as formas posibles: líquida, sólida, en crema, etc... Grazas a iso elaboramos donuts, amorodos con chocolate, boliñas de chocolate, palmeiras, piruletas, e bombóns.

E como bo proxecto que se preste, trasladámolo ás distintas áreas do currículo de educación infantil para traballar diferentes contidos, como lectoescritura, contar, cores, motricidade fina, etc... Como podedes ver no vídeo, está a ser un proxecto moi rico e doce. Coma nós! E moi, moi divertido, no que estamos aprendendo moitas cousas. Seguiremos informando 👍😉


A profe Rosana