O medo

O medo


O DEBUXO COMO FERRAMENTA PARA FACERLLE FRONTE AO MEDO

Cada 31 de octubro, conmemoramos a festividade do Samaín. Esta tradición garda un lado oscuro, xa que nesa noite, as almas dos defuntos voltaban ao mundo dos vivos. Por iso, os mortais, motivados polo medo e para espantar aos espíritos, empregaban caretas ou disfraces.
Grazas a esta tradición, atopei unha boa oportunidade, para traballar unha nova emoción: O medo.
Todo comezou cando partín do visionado dunha imaxe, acompañada da audición dun son tremendamente terrorífico. Dende logo o meu alumnado, grazas a ilustración, que falaba por sí soa, adiviñaron rápidamente a emoción que íamos traballar.
Nas diferentes sesións realizadas, puidemos percatarnos de que o medo ou o terror é unha emoción caracterizada por unha intensa sensación, frecuentemente desagradábel, que se orixina ante unha situación de perigo ou dano, real o ficticio. Tamén percibimos que o medo pode producirse ante unha ameaza presente ou pasada. Por outra banda, coñecemos a diferenza entre o medo e o terror. O medo xorde cando creemos que vamos a sufrir un dano, pero se éste medra moitísimo , transformase en terror.

Toda emoción é útil para poder establecer relacións cos nosos iguais, ca nosa contorna e con nós mesmos. Aínda que non existen emocións malas ou boas, si que temos unha tendencia a clasificálas en positivas ou negativas, segundo o que nos fan sentir.
O medo, tendemos a categorizalo como mao, pero ten a súa utilidade cando se manexa adecuadamente e non se eleva en exceso.Xa que éste, pode servirnos para estar en alerta ante unha situación perigosa, pero por outra banda o terror pode paralizarnos ou impedirnos pensar con claridade.

Cando temos medo os nosos ollos agrandanse e o corazón envía máis sangue as nosas pernas para que podamos fuxir. Este mecanismo de defensa atópase gravado no noso ADN, e a súa función ,non é outra, que evitar unha situación que nos xera dor.
Xa vedes, o medo é unha emoción moi complexa, xa que non todas as persoas reaccionamos do mesmo xeito, ante a aparición desta emoción. Experimentar situacións que nos poden xerar un pouco de medo é saudable para coñecernos mellor, pero coma todo, en exceso é malo.

Ao longo da nosa vida, experimentamos diferentes tipos de medos.Medos que son evolutivos e normais a certa idade, mudando o obxecto temido a medida que ímos crecendo. Por exemplo, na primeira infancia, é moi frecuente ter medo a separación das nosas figuras de apego, a persoas descoñecidas, pantasmas, monstruos, oscuridade,etc… Mentres que entre os 6 e 11 anos , digamos que, o medo, volvese máis “realista”,é dicir, temos medo a sufrir algún dano físico (sangue, inxeccións, etc..) ou rechazo dos nosos iguais. Na adolescencia, manteñese algún medos dos citados con anterioridade, aínda que tamén xorden novos, vinculados co rendimento persoal ou das relacións interpersoais.

Aínda que o medo non pode chegar a desaparecer de todo,saber xestionar e aprender a convivir cos nosos medos “naturais” é todo unha arte. Por iso,dende a miña asigantura pretendo que o alumnado comece adentrase neles e no manexo destas. Así que, decidín facerlles unha proposta. Ésta, consistía en expresar como percibimos o nosos medos e plasmalos mediante un debuxo. O debuxo é un vehículo de expresión importante e serve de instrumento para que o alumnado canalice as súas emocións. Grazas a esta ferramenta, puidemos exteriorizar as nosas precupacións e medos, dotandoos, así, como una válvula de escape. Cando pintamos ou debuxamos,os nosos pensamentos disipanse, nos relaxamos e nos tranquilizamos…e cando estamos relaxados e tranquilos, as emocións manexanse mellor e todo muda de cor.
Sen máis, aquí vos deixo unha pequena mostra dos cadros dos nosos pequenos grandes artistas, que pasiño a pasiño, van aprendendo a coñecerse mellor e afrontar os seus medos.

A profe Andrea