Degustación Froitos do Outono

Degustación Froitos do Outono


Cada vez somos máis urbanitas e temos menos contacto coa natureza, aínda que teñamos ao noso alcance a maioría dos alimentos. Por este motivo os máis cativos descoñecen como son por fóra e por dentro os diferente froitos que nos ofrece a nosa contorna.
E así na etapa de infantil xurdiu unha gran idea. Despois de varios cursos aprendendo distintos aspectos do outono, decidimos preparar unha degustación dos froitos máis típicos desta tempada: noces, mandarinas, castañas, peras, mazás, uvas, améndoas, kiwis, granadas e abelás.
Nos días previos a nosa degustación, nas nosas asembleas, puidemos ver e tocar diferentes aspectos do outono, as formas e cores das follas e diferenciar distintos froitos. Nesa experimentación aprendemos que hai dous tipos de froitos: os secos e os carnosos. Os froitos secos son aqueles que presentan unha apariencia a madeira e contan cunha cáscara dura, mentres que os carnosos son aqueles que teñen suficiente carne ou pulpa ao redor dun óso e son máis brandos.
A nosa degustación tivo lugar o venres 14 de outubro. Durante o desenvolvemento das diferentes actividades propostas vinculadas a traballar esta estación do ano na que nos atopamos, trouxemos á aula diferentes elementos da contorna que se atopan nesta tempada, entre os cales se atopan follas secas, piñas, landras, castañas e outros froitos típicos desta estación. Grazas a este divertidísimo taller puidemos pór en práctica os conceptos aprendidos nos días previos (cores, formas, tipo de froito), ademais de pór en funcionamento todos os nosos sentidos.
Para que a cata destes alimentos fose máis motivadora, elaboramos un carnés onde se atopaban os diferentes froitos que iamos probando. En función do noso particular e exquisito gusto, iamos colocando un gomet verde ou vermello, dependendo se nos gustaba ou non a froita indicada.
Por outra banda, aproveitamos para ver e baleirar unha cabaza, coa finalidade de observar como son as súas sementes e a súa carne e posteriormente elaborar un riquísimo biscoito que puidemos degustar.
Para nós non se trata só dunha degustación, senón que vai máis alá, xa que un momento para compartir, colaborar, convivir e gozar do que tenemos ao noso alcance e descubrir os froitos e elementos que nos ofrece a nosa contorna nesta estación do ano.

Dende o equipo de educación infantil queremos agradecer unha vez máis a colaboración das familias. Esperemos que vos guste o noso vídeo resume e que esta gran idea se estenda noutras etapa educativas.

Profes de INFANTIL