Conto da Paz
Érase unha vez un reino no que sempre había guerras contra outras nacións e as persoas traballaban sen descanso nas minas, forxas … para crear armas para as guerras. Entre esas persoas atopábanse nenos, xente adulta e anciáns, que case non tiñan para comer. Aos soldados dese país case non lles daban diñeiro nin comida.
Un día chegou un viaxeiro a ese reino para coñecer os costumes das súas xentes; o que atopou foi moi diferente ao que se esperaba. El esperaba un reino como outro calquera, con persoas con vidas normais, un emperador que fose boa persoa … Pero atopouse xusto o contrario. Un problema para os que viaxaban a ese pobo é que todas as persoas traballaban nas forxas e minas; e non había ninguén que tivese tendas ou hoteis.
O viaxeiro, ao ver que a cidade estaba deserta e a xente na mina, foi alí a preguntarlles o que estaba a pasar nese lugar. O problema era que estaban en guerra contra unha das nacións veciñas e que lles obrigaban a traballar para poder gañar a guerra e así conseguir máis territorio. Ao escoitar isto, o viaxeiro, dirixiuse a ver ao rei para tentar que asinase un tratado de paz.
Ao chegar ao palacio o viaxeiro viu que non había ningún garda e o supuxo que todos estaban no campo de batalla.
Cando atopou ao rei, este díxolle que todo era un gran malentendido, xa que el quería asinar un tratado de paz pero o mensaxeiro equivocouse de carta e entregoulle outra, o que fixo empezar a guerra. O viaxeiro preguntoulle por que non enviara outra misiva de paz e o rei contestoulle que cando o outro rei empezaba un guerra era imposible facer que cambiase de opinión. O viaxeiro, antes de irse preguntoulle ao rei onde se atopaba o mensaxeiro que se equivocara de carta, e este respondeulle que na mina.
O viaxeiro regresou á mina e preguntou polo mensaxeiro. Cando o atopou preguntoulle por onde se ía ao reino veciño e indicoulle que se dirixise cara ao leste.
Cando o viaxeiro chegou ao reino veciño inmediatamente foi a palacio para falar co seu rei, aínda que tivo que esperar uns días xa que estaba ocupado. Cando chegou o día, o viaxeiro foi a palacio e preguntoulle ao rei se quería asinar o tratado de paz, pero este respondeu que non, pois a súa familia cando empezaba unha guerra tiña que gañala. O viaxeiro díxolle que non debía resolver isto loitando, senón coas palabras ou cartas. E se é pola tradición familiar, sempre é un bo momento para cambiar. O rei tras escoitar as súas palabras reflexionou e decidiu asinar por fin o tratado de paz.
E esta é a historia do viaxeiro que salvou un reino sen loitar, só con palabras.
.
Feito por Sergio Rodríguez Pita 1ºESO