BRAIS PAMPILLÓN
A continuación algunhas das impresións escritas en primeira persoa polos/as alumnos/as de 5º de Primaria ante a magnitude do fenómeno natural:
“ Cando o vín por televisión parecíame raro que non cambiasen de tema, así que me asustei e comecei a investigar pola miña conta en Internet, preguntando, vendo noticias, (...) Comecei a pensar que faría eu se me pasara a min, que pensaría, que farían os meus pais, os meus amigos, os mestres, as miñas mascotas….Poñeríame triste, me enfadaría, me estresaría, choraría,...A día de hoxe o volcán segue forte, derribando todo por onde pasa, con máis casas derruídas, e eu sigo preocupándome, porque penso que non me gustaría nada que me pasase a min.”
Uxía Merola 5º EP.
“ (...) cando tiven que facer o traballo do volcán lei que os habitantes da Palma estaban avisados dende o 2019 que isto podía suceder e non sei que pensaban: a caso pensaban que a lava facía o mesmo ca auga ou que os científicos estaban de broma, eu que sei (...)”
Alejandra Nantes 5º EP
“ Eu ao principio pensei na miña cabeza: que chulo é o volcán! vai ser alucinante velo pola televisión pero os habitantes da Palma o van a ver mellor ca nós, en directo!. Despois...cando vin que era tan grave o do volcán dixen: meu deus! non sabía do que sería capaz…(...)”
Claudia Costas 5º EP